Último boletín de 2016

Boletín de Amizade nº31 [Clic para ver o boletín]Vai o último boletín do ano onde recollemos a información sobre as actividades desenvolvidas ao final do verán, diversas noticias de interese e información variada sobre a esclerose múltiple.

Nova Páxina Web

Temos en marcha o deseño dunha Nova páxina web que ben seguro que mellorará toda a información relativa á asociación.
Estade atentos/as!!!

O noso Boletín de setembro

Boletín de Amizade nº31 [Clic para ver o boletín]Xa rematou o verán e nesta edición do boletín aparecen algunhas das actividades desenvolvidas, aínda que en setembro tamén fixemos cousas que sairán no vindeiro boletín. Tamén hai información sobre o Linfedema e outras novas de interese.

Boletín nº30, xuño 2016

Boletín de Amizade nº30 [Clic para ver o boletín]Nesta ocasión comezamos animando á xente a que proteste se atopa dificultades á hora de votar nas vindeiras eleccións.
Ademais, incluímos información sobre as últimas actividades desenvolvidas e outras que pretendemos poñer en marcha este ano. Tamén falamos do Lupus, así como doutras cuestións de interese.

O primeiro boletín de 2016

Boletín de Amizade nº29 [Clic para ver o boletín]Vaise iniciar unha nova campaña para a Declaración da Renda e queremos insistir na recomendación de marcar a X Solidaria. Ademais de esta reflexión, esta edición do noso boletín tamén inclúe unha relación das actividades a desenvolver neste ano así como outra información de interese.

Último boletín do 2015, o nº28

Boletín de Amizade nº28 [Clic para ver o boletín]Novamente toca votar, e a portada reflexiona sobre iso. Hai ademais outras novas e informacións de interese e un artigo de opinión de alguén alleo á asociación que amosa como ve ás persoas con discapacidade; gustaravos.

Boletín de Setembro de 2015, xa o nº27

Boletín de Amizade nº27 [Clic para ver o boletín]As actividades realizadas durante o verán enchen as páxinas desta edición, así como diferentes noticias de interese e artigos de opinión.

Boletín de xuño de 2015, o nº 26

Boletín de Amizade nº26 [Clic para ver o boletín]Aínda que con algo de retraso, chega unha nova edición do noso boletín. Diferentes informacións sobre charlas, actividades, reunións,...enchen as páxinas deste boletín. Tamén hai artigos de opinión e unha descrición sobre como se pde participar na asociación. Animádevos.

XXII Asemblea Xeral Ordinaria, e tamén a XIII Asemblea Extraordinaria

Momento da asemblea [Clic para ampliar a imaxe]O sábado día 25 de abril de 2015 celebrouse a XXII Asemblea Xeral da asociación Amizade, no Pazo da Cultura de Pontevedra. A Xunta Directiva deu conta do traballo desenvolvido durante o exercicio do 2014, presentando a memoria de todas as actividades realizadas así como o balance económico, que concluiu cun certo aforro. Ambos documentos foron aprobados por unanimidade dos socios e socias presentes.

Marca a X Solidaria

Iníciase a campaña da declaración da renda e todas as persoas temos a opción de marcar a casilla da X Solidaria.
Trátase de tomar a decisión de decicar o 0,7% dos nosos impostos a fins sociais, axudando así ás persoas máis vulnerables. De non facelo, o contribuínte toma unha actitude pasiva e deixa que sexa o Estado quen decida o destino desa parte dos impostos.

Nin pagas máis, nin te devolven menos.

Máis información: Web da X Solidaria

Distribuir contido

Navegación

Transporte accesible

Amizade nas redes sociais

Ir á páxina de Facebook de Amizade

Amizade está presente nas redes sociais. Consulta o noso perfil de Facebook, faite amiga/o e comenta as noticias.

Marca Fins Sociais

Queres colaborar?

Coop57

Ir á web de Coop57

Amizade é socia da cooperativa Coop57 , que destina os seus recursos a dar préstamos a proxectos de economía social.